sábado, 3 de junio de 2023

EXHIBICIÓN DE LA SALLE 01 XUÑO

 ste ano pechabamos o curso no colexio La Salle - aínda que nós seguiremos cos adestramentos - coa tradicional exhibición na que xuntamos a todos os grupos e, maila algunhas faltas de última hora e outras por compromisos laborais, déronse xuntado aproximadamente 50 judokas desde 1º de primaria, pasando polos competidores, ata veteráns. Unha gran maneira de mostrar @s pais e nais, familia e amig@s a profundidade do plantel do noso club e, en particular, dos grupo que adestran no colexio La Salle. 

Este ano quixemos facer tamén unha chamada de atención a unha enfermidade das máis inusuais, dent, e que afecta a uns/unhas pouc@s nen@s en Galicia. Repartimos folletos e falamos sobre a asociación galega Artfordent 




domingo, 23 de abril de 2023

BOA ACTUACION DOS NOSOS 2 EQUPOS S11 NA XORNADA FINAL DA LIGA DE OLEIROS

Noraboa aos nosos 2 equipos s11 que participaron na sempre concurrida e desputada Liga do Concello de Oleiros, organizada polo JC Oleiros - coma sempre, moitas grazas por invitarnos!!

Os nosos equipos estaban formados por judokas de La Salle, Sionlla e Fontiñas. 

O nosos equipos teñen pouca experiencia, pero sempre mostraron unha motivación e bo judo, o que se reflectiu nun bo resultado, postos 11º e 13º nunha liga de 29 equipos das comarcas de Oleiros, Coruña, Lugo, Ferrol, Santiago, A Estrada.... e con presenza asturiana tamén. 

Nesta última xornada o equipo A gañou 1 e perdeu 2 encontros e o B gañou o seus 3 encontros. Estaban dirixidos polo noso judoka senior David Alvarez.


domingo, 2 de abril de 2023

COPA DE MARIN: DAVID QUINTO, MONTSE PRATA

 Boas sensacións na Copa de España A de Marín en categoría absoluta, onde participaba David Alvarez, estreando categoría -90kg. Isto engade moito mérito, xa que era o seu primeiro torneo nun tempo ao estar fóra por estudos no estranxeiro e porque é un judoka que subiu nun ano 2 pesos. Quinto posto para David que pensamos ben podía ser máis, pero a inactividade levounos a cometer algún erro. En primeira ronda derrota ante o madrileño Blázquez. Na repesca victoria por wazari ante Pena de Asturias e Maza de Andalucía. Unha mágoa o bronce, que perdemos ante Banda de Madrid, nunha acción na que nos quedamos atrás, tratamos de contrar e nos marchan uchi mata. Noraboa pola súa actuación en xeral. 

En -70kg estaba Montse Pardo, actual bronce nacional e judoka da nosa canteira, pero quen reside e entrena en Madrid no JC Sotillo. Esta semana previa estivo entrenado con nós e iamos con toda a ilusión, que se converteu en preocupación, xa que tras gañar os seus dous primeiros combates, na final lesionouse de certa gravidade o pulso nun mal apoio ante una acción da rival. Desexámoslle unha recuperación o antes posible. 



domingo, 5 de marzo de 2023

2 PRATAS, 1 BRONCE, 1 QUINTO E 1 NOVENO NOS CAMPIONATOS GALEGOS S15 E 18

 Hoxe sábado 5 de marzo tivemos unha nova xornada maratoniana co campionato de Galicia s15 e s18 no concello da Estrada. Noraboa @s nos@s judokas polo seu rendimento e, sobre todo, polo esforzo. Certo é que esperabamos algo máis dos nosos 2 sub15, pero tamén é certo que era a súa terceira competición nesta tempada e notáronse os nervios que levaron a erros aproveitados polos rivais. 

Comezando c@s s18 temos que dicir que estamos moi satisfeitos co seu rendemento global, xa que @s cinco representantes estiveron na loita polas medallas. 2 pratas, 1 bronce, 1 quinto e 1 noveno reflicten a consolidación dun grupo que ven anos estando arriba, pero que nos últimos compromisos nos deixaba un certo sabor agridoce. Hoxe, se ben podemos poñer matices e contabamos alo menos cun ouro, o rendemento do grupo foi moito alto. 

Se empezamos coa categoría masculina, Javi Veloso saía en -55 kg, con victoria en 1ª ronda ante o judoka do Arteixo, Souto, a quen vence por wazari de contra. Cremos que eramos quen de resolver antes. Nos cuartos de final Fernández do Pontevedra nos leva nos agarres, mal desplazamento noso e victoria do rival. Na repesca nos complicamos a vida e perdemos por amonestacións. Javi deuno todo, pero cremos que lle saca menos partido ao seu judo do que debería. En todo caso, seguimos nesa boa inercia de conseguir estar na loita polas medallas nos últimos campionatos. 

En -60 kg tivemos en xeral de novo a un Tomás Vázquez dun nivel alto, quen resolvía por ippon cun judo variado o seus combates contra Castro do Oleiros e Pérez do Bitácora. En semis, combate contra o cabeza de serie número 1, Samu Tato do Base, quen nos leva os agarres, nós xogamos en demasía co borde do tatami, nos marcan 2 shidos e imos a remolque ata que saímos derrotados por ippon. No bronce estivemos algo espesos cos desplazamentos, o que fai que o coruñés Lago nos marque wazari, pero Tomás logra o ippon cun gran ouchi. De novo arriba, unha mágoa  nas semis non ter rendido mellor, pero tamén hai que dicir que o rival tampouco nos deixou moitas opcións. 

Mario Vilaseco en -66 kg deunos unha alegría tras un anterior torneo moi por debaixo do seu nivel. Hoxe, centrado, co seu judo ofensivo, gañaba de 2 wazari a León do Bitácora e do mesmo xeito a Minambres de Lugokan. Nas semis ippon rápido ante García del Río do GSU. Na final, combate ao ataque sen complexos ante o cabeza de serie número 1, o madrileño con licencia galega, Budia, ao quen proxectamos, puidendo ben ser wazari, pero nos desplazamentos erramos e o rival nos marca un gran ippon. De calquera xeito, Mario mostrou un gran judo e actidude. 

Mateo Bello partía como o favorito no seu peso, mais un rocambolesco triple empate na cabeza na liga de cinco en +90 kg fixo que quedara prata. Judo versátil de Mateo, que gañaba de ippon a Santorun do Pontevedra e Neblea do Lugokan, para cometer contra González do Compostela un importante erro nunha acción na que tiñamos todo para proxectar de cadeira, o árbitro pita mate por estar no borde do tatami, pero atacamos cun mal ura nage e nos marcan ippon. Logo victoria ante Mateo Miranda do Base. Prodúcese un triple empate a 3 victorias e 30 puntos e con victorias cruzadas, co cal decidiuse que o factor que tiña que dar a orde do podium sería a duración total dos combates, o que colocaba a Santorun como ouro, Mateo como prata e González como bronce. Mailo erro, boa competición en xeral para un judoka de primeiro ano como cadete, quen, a priori matematicamente xa queda como primeiro no ranking galego do seu peso e, por ende, clasifica para o campionato de España. 

En -52 kg saía a nosa única judoka feminina, Claudia Martínez, quen pouco a pouco vai volvendo ao seu nivel. É certo que o primeiro minuto contra García do GSU estivemos mal, márcannos un wazari, pero melloramos o agarre e Claudia marca un gran uchi mata. En cuartos entramos lexos e somos contrados pola favorita do peso e ouro finalmente, Rocío Castro do Base. Na repesca, victoria de ippon cun gran ouchi ante Montana do Lugokan. No bronce non esperabamos toparnos coa segunda do ranking, a coruñesa Yanira Silva, quen nos vence. Aínda así, ficamos contentos co rendemento de Claudia, loitando polas medallas, que é o posto onde consideramos, dado o seu judo, debe estar nestes campionatos. 

Os sub 15 pecaron da falta de experiencia, pero consideramos que se esforzaron para participar no galego e hoxe simplemente foi un tropezón. Hugo en +66 kg deixouse dominar arriba por un rival máis baixo que nos deixaba espazos, pero non fomos quen de reaccionar e marcannos ippon, para quedar fóra da repesca. Jesús López en -42 kg tíñao todo ao seu favor cando marca un wazari a 30 segundos do final, pero logo non sabemos defendelo e por manter unha posición defensiva, recibimos o terceiro wazari a uns 10 segundos do final... Unha mágoa.... 

Repetimos o exposto: ¡noraboa ao noso equipo polo seu traballo e a súa actuación hoxe!


sábado, 18 de febrero de 2023

18 FEBREIRO: NUCLEO ADESTRAMENTO COMARCA SANTIAGO NA USC

 Hoxe sábado 18 de febreiro volveron @s nos@s judokas a estar presentes no núcleo de adestramento da comarca na sala de judo da USC, no campus sur en Compostela. Divididos en 2 turnos e dirixidos por Diego Alvarez, sensei do Lugokan, os entrenos se repartiron por categorías s13 e s13 na primeira quenda e s18, junior e senior na segunda. 

Participaron judokas do Vilas Alborada, Base, Escola, Lugokan, Lucus Dojo, Oleiros e @s nos@s do Terras de Santiago.

Sub 13 e sub 15
Sub 18, junior, senior e veterán
Terras de Santiago sub13 e sub15 presentes: Hugo, Claudia V, David, Pablo, Juan, Jesús, Guille e Dani (quen marchaba xusto antes da foto por outros compromisos)
Terras de Santiago s18 e +: Mano, Mateo, Mario, Javi e David

domingo, 12 de febrero de 2023

SABADO 11 FEBREIRO: LIGA OLEIROS S11 E LIGA RIAS ALTAS S15 E S18

 Bo sábado 11 de febreiro con dous frentes importantes para a preparación d@s nos@s judokas s15 e s18 para futuros compromisos por unha banda e, pola outra para @s máis pequen@s unha bonita experiencia na loita por equipos s11. 

LIGA OLEIROS s11

Lembremos que nesta liga participan judokas da Coruña, Ferrol, Lugo, Santiago, A Estrada, Sada, Bemantes e outras comarcas de Coruña e Lugo principalmente. 

Non presentamos equipo s13, o que é unha mágoa, pero ao faltarnos judokas nalgúns pesos, por diversas razóns, non nos quedou outra opción. 

Os dous equipos s11 estiveron a un gran nivel, a pesar da súa inexperencia nos casos de vari@s d@s nos@s judokas, pero loitaron co obxectivo de se clasificaren para a liga A e a boa fe que o lograron. 

O Terras de Santiago A quedou primeiro de grupo tras vencer vs Oleiros Sada/Bemantes- 4-1, vs Gándaras   4-0, Dominicos 3-2 (remontada desde 0-2) e o Hercules  2-1


O Terras de Santiago B fixo un gran papel tamén e quedaron segundos, só cedendo por 1-4 vs  Coruña. O resto saldado con victorias 4-1 vs Sal Lence, 3-0 vs Oleiros C e 5-0 vs Lugokan.

Arbitrou o noso judoka Pedro Fernández, quen últimamente non pode por estudos e traballo en Vigo, vir a entrenar, pero quixo contribuír como árbitro titulado que é. Graciñas!!


LIGA RIAS ALTAS, FENE, INDIVIDUAL S15 E S18

Pola tarde era o turno dos s15 primeiramente. Tiñamos 3 participantes e acadaron o bronce. Naroboa @s tres, se ben temos que matizar que quizáis estivemos nalgún caso por debaixo do esperado. 

Jesús López en -42 estivo pouco fino nos desplazamentos e, en consecuencia nos agarres, e tivo que conformarse co bronce. Aínda así estamos no bo camiño, na súa segunda competición da tempada. 


Hugo Viqueira en -66 kg estivo ben en conxunto, pero cometendo erros a pesar do seu agarre dominante, que non soubo aproveitar en semis, perdendo na golden score. No bronce, mellor actuación e logra ippon tras proxectar de makikomi. Hai que ir aprendendo dos erros, pero Hugo está traballando ben e seguro que seguirá avanzando. 


Claudia Vilaseco en +63 kg fixo unha moi boa competición, a pesar do pouco tempo que leva no judo, antes judokas moito máis experimentadas. O formato en liga de 5 permitía acumular moitos combates, a nosa principal meta hoxe na súa segunda competición. Empezou nerviosa, perdendo con facilidade, pero logo foi quen de repoñerse e fixo unha gran actuación nos seguintes combates, un dos cales chegou ata os 3 minutos de golden score. Destacamos a súa victoria de seoi nage ante unha rival santiaguesa de moito máis peso ca ela. Confiamos que siga a mellorar desta maneira nos futuros compromisos. 


A categoría s-18 nos deixa con sensacións moi diversas. Por unha banda, a rotura de clavícula de Claudia López, quen confiamos se repoña pronto e volva aos tatamis a traernos o seu gran espíritu e feeling que ten co judo. Claudia Martínez levou un golpe no xeonllo e preferimos que non seguise a competir para evitar riscos innecesarios de cara ao Galego. A isto lle engadimos a ausencia de última hora de Xavi en -66 kg. 

Javi Veloso en -55 kg sigue na súa dinámica de medallas, o cal nos deixa satisfeitos. O primeiro combate pensamos que debía telo resolto antes; estanos costando correxir certos aspectos, pero tirou de experiencia e gañou por shidos ao contrario. En semis, saímos descentrados xusto despois das lesións das compañeiras e perdemos por ippon. No bronce moito mellor e victoria de kouchi. A seguir tratando de mellorar!


Mateo Bello en +90 kg lograba dúas traballadas victorias por ippon, a primeira delas cun precioso seoi de pé. No seguinte combate cambiamos táctica e victoria por wazari. Tratamos de poñer en acción melloras tralos erros que vimos no último torneo e saíron adiante, co cal estamos satisfeitos con Mateo, sempre disposto a superarse.


Noraboa a tod@s pola vosa constancia!!!


lunes, 6 de febrero de 2023

TORNEO DO CONCELLO DA ESTRADA 5 FEBREIRO

Onte sábado 5 febreiro participaron case 30 judokas do noso club, moit@s del@s do noso cole, desde os máis cativos ata sub-13 no torneo do Concello da Estrada, organizado polo Judo Club Base. Moitas grazas a eles pola invitación!!

Fíxose para algunhas categorías con clasificacións, outras sen elas, todo sempre nun ambiente relaxado e ameno. A expedición foi comandada polo sensei Nico, acompañado de Claudia L e Javi, quen axudaron na organización. Moitas grazas a el@s!!!

Aquí van un par de fotos: